Elección de representantes de estudantes nas xuntas de centro
Os comicios desenvólvense en liña este mércores 14 de 9.00 a 19.00 horas
Lugo,
Santiago de Compostela
A elección de representantes do estudantado de grao e mestrado nas Xuntas de Centro desenvólvese ao longo deste mércores, 14 de decembro, en horario de 9.00 a 19.00 horas.
Serán electores e elixibles as persoas censadas no sector de estudantes de conformidade coa normativa electoral. A votación efectuarase en liña nas facultades de Filosofía e Óptica e Optometría, centros nos que o número de candidaturas superou os postos elixibles. Na web das eleccións está dispoñible a aplicación de voto.