Ir o contido principal

Eleccións 2020

As presentacións de candidaturas deberá facerse a través da aplicación electoral. FOTO: Santi Alvite
As presentacións de candidaturas deberá facerse a través da aplicación electoral. FOTO: Santi Alvite
O proceso das eleccións de representantes nas xuntas de centro e nos consellos de departamento iníciase co período de reclamacións para o censo provisional ata o 4 de febreiro
Lugo, Santiago de Compostela

As eleccións de representantes nas xuntas de centro e nos consellos de departamento da USC botan a andar coas reclamacións contra o censo provisional ata o vindeiro 4 de febreiro. O definitivo publicarase o día 12.

As presentacións de candidaturas deberá facerse a través da aplicación electoral: https://aplicacions.usc.es/axe/publica, antes das 14:00 horas do día 21 de febreiro. O 3 de marzo realizarase a publicación definitiva de candidatos. As votacións serán o xoves 12 de marzo e o 24 do mesmo mes proclamaranse os candidatos electos. Toda a información relativa a este proceso está dispoñible no sitio web do proceso electoral www.usc.gal/eleccions2020  

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2020.