Ir o contido principal

O embaixador de Australia en España, na Universidade de Santiago

O vicerreitor Agustín Merino recibiu ao embaixador no despacho do reitor
O vicerreitor Agustín Merino recibiu ao embaixador no despacho do reitor

O embaixador de Australia en España, Noel Campbell, visitou este venres o Colexio de San Xerome da Universidade de Santiago, sede da Reitoría.
Alí foi recibido polo vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino, con quen departiu acerca da colaboración existente entre a institución académica e o país de Oceanía e de futuros acordos que supoñan un maior achegamento cun país do que a USC recibe e envía estudantes cada ano, das Universidades de La Trobe, Sydney e Adelaide.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2009.