O emprendemento universitario en clave feminina, tema do Encontro Atalanta
O programa Woman Emprende da USC organizará este mércores 21 o Encontro Atalanta dedicado á creación de empresas de base tecnolóxica promovidas por mulleres. Atalanta é unha proposta que organizan conxuntamente a USC e o Instituto da Mulleres e para a Igualdade de Oportunidades na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais á que están convidadas as universidades españolas e especificamente os organismos que participan na creación de empresas de base tecnolóxica.
O reitor Juan Viaño presidirá a sesión inaugural do programa cun acto ás 10.00 horas no Salón de Graos no que tamén está prevista a presenza da director do Instituto da Muller, Rosa Urbón Izquierdo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a decana da Facultade, Emilia Vázquez Rozas; e o adxunto do reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José Manuel Cotos Yáñez.
Durante esta xornada presentarase a metodoloxía Innovatia 8.3, proxecto de traballo desenvolvido dentro de Woman Emprende que ofrece materiais e recomendacións para que o proceso emprendedor se desenvolve de xeito neutral en termos de xénero. Esta metodoloxía así como as ferramentas que se foron desenvolvendo ao abeiro de Woman Emprende tratan de axudar a que os indicadores asociados ao emprendemento feminino de base tecnolóxica sexan acordes á cotas de participación e representación das mulleres nas universidades.
Neste encontro realizarase tamén unha análise das particularidades do emprendemento feminino universitario da man de representantes de institucións universitarias de Madrid, Cataluña, Andalucía ou País Vasco. Ademais está programada unha mesa de debate con algunhas das mulleres que lideran empresas spin-off promovidas dende diferentes universidades españolas para propiciar o intercambio de experiencias de éxito neste eido.
Programa
Logo da sesión inaugural, Eva López Barrio, de Woman Emprende, realizará a presentación técnica da xornada con especial atención a rede Woman Emprende e á metodoloxía Innovativa 8.3. Seguiralle unha mesa de debate que analizará o emprendemento femenino universitaria a través da presentación de diversos estudos realizados nas universidades de Sevilla, Rovira i Virgili, Deusto e Santiago dende o punto de teórica e unha serie de casos prácticos da Complutense e de Cambridge Enterprise.
Pola tarde, a partir das 16.30 horas, Patricia Araque, co fundadora de Ellas 2.0, pronunciará a conferencia ‘Mulleres e innovación’. Deseguido representantes de cinco spin-offs compartirán a súa testemuña nunha mesa de debate dedicada a referentes e casos de éxito en emprendemento femenino na universidade española. Intervirán Tatiana López del Río, de Nanogap; Cristina Gamallo Solórzano, de Situm; Margarita Calafell, de Biprocel; María José Palomo Anaya, de Titania; e Lola Chicón Samblás, de Smartme Analytics.
O peche da xornada e a presentación das conclusión celebrarase a partir das 19.00 horas da man de Ana Xesús López Díaz e Ana Guil Bozal, representantes da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, e coa participación tamén da vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes.