Ir o contido principal

Empresas galegas comprometidas coa sustentabilidade

Empresas galegas comprometidas coa sustentabilidade
Empresas galegas comprometidas coa sustentabilidade
Este luns reuníronse nunha xornada na Facultade de Ciencias Económicas

O Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS) e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC reúnen hoxe nunha xornadas unha serie de iniciativas empresariais galegas que velan polo desenvolvemento sostible e que asumen ese compromiso dende a estrutura e planificación da empresa con especial atención á responsabilidade social, o emprego responsable ou o emprego verde. Así, déronse a coñecer empresas como Alvariza, dedicada á asistencia técnica ambiental e incubada no edificio Emprendia da USC; Equilátero,especializada en xestión ambiental e no deseño e execución de proxectos con criterios de sostibilidade; IN&S, especialista en comunicación empresarial, innovación e sostibilidade; ou Granxa Familiar, un proxecto que aglutina e insire no mercado produtos agrarios xerados por familias galegas para o autoconsumo e tradicionalmente comercializados por canais informais. Panxea, asociación para o comercio xusto e solidario que dende 2010 comercializa en forma de cooperativa os seus produtos, presentou tamén a súa filosofía empresarial, ao igual que a cooperativa Nosa Enerxía de consumidores e usuarios centrada na comercialización de enerxía de orixe renovable, a rede AIESEC de mozos e mozas baseada no desenvolvemento de prácticas e voluntariados internacionais, a cooperativa Feitoría Verde xestionada por mulleres que desenvolve as súas iniciativas a partir da educación ambiental e a agroecoloxía ou Ecos do Sur, ONGD para a integración das persoas migrantes e a cooperación internacional.

As xornadas inauguráronas esta mañá a asesora da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Carmen Segura; a decana da Facultade, Emilia Vázquez; e a coordinadora do PDS, Silvana Longueira.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2015.