Un encontro na Escola Politécnica Superior de Lugo achega ao alumnado a experiencia da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao
O martes 18 celébrase no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo unha serie de conferencias sobre execución de obras portuarias, a partir das experiencias na Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. O encontro comeza ás 17.00 horas e nel participan Alejandro Rey, xefe de departamento de Investimentos e Planificación da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (APFSC); Jesús Busto, xefe da División de Infraestruturas da APFSC; e Jorge González, xefe da División de Planificación e Infraestruturas desta mesma entidade. Este acto enmárcase dentro dunha serie de actividades organizadas polo Departamento de Exeñería Agroforestal da Escola Politécnica, dirixido polo profesor Ramón Velo Sabín, e que deron comezo o pasado martes, día 11, cunha conferencia sobre esta mesma temática.