Encontro con Fuxan os Ventos na Casa do Saber
O grupo galego Fuxan os Ventos participa este xoves 2, ás 20:30 horas na Casa do Saber de Lugo, nos Xoves de Moda. Os asistentes asistirán a unha charla con esta formación musical que explicará a súa traxectoria e falará da súa situación actual. Os Xoves de Moda concíbense como unha actividade complementaria ao xa asentado ciclo Lubicán e pretenden lembrar a actividade cultural existente en Lugo nos anos 30 e o seu seguimento por parte dos diferentes sectores da sociedade, xa que baixo este mesmo título se desenvolvía naquela etapa uns encontros no Círculo das Artes. Isto complementábase coas actuacións do Bar Nemesio, do Teatro Principal e do Casino.