Ir o contido principal

O segundo Encontro Galaico-Portugués de Biometría desenvolverase na Facultade de Matemáticas

A Facultade de Matemáticas acollerá dende este xoves 30 e ata o sábado 2 de xullo aos/ás participantes do segundo Encontro Galaico-Portugués de Biometría con aplicacións ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente. É unha actividade que organizan a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) como continuación doutras dúas xuntanzas previas celebradas en Braga en 2013 e en Vila Real en 2014.

O programa estrutúrase arredor de catro sesións plenarias e outras tantas convidadas, así como unha mesa redonda e sesións de comunicacións orais e pósteres e un minicurso sobre análise de supervivencia. No caso concreto do máis de medio centro de comunicacións orais, estarán organizadas arredor dunha serie de bloques temáticas dedicados á métodos estatísticos nas Ciencias do Medio Ambiente, en Medicina, Agricultura ou en Bioloxía, así como sobre epidemioloxía ou modelización conxunta, entre outros.

O obxectivo común destes encontros é difundir os últimos avances no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos na Bioloxía, Medicina, Ecoloxía, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura, Medio Ambiente e outras ciencias da Vida.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2016.