Ir o contido principal

Encontro no Paraninfo con Nélida Piñón

Encontro no Paraninfo con Nélida Piñón
Encontro no Paraninfo con Nélida Piñón
Encontro no Paraninfo con Nélida Piñón

A escritora brasileira Nélida Piñon, doutora honoris causa pola USC, participará este mércores 13 nun acto no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) no que falará da súa obra e da súa traxectoria coa profesa da USC Carmen Villarino Pardo. O encontro coa recoñecida escritora terá lugar ás 19.00 horas e será de entrada libre. Nélida Piñon é autora dunha extensa obra na que destacan títulos como A casa da paixão (1972), O calor das coisas (1980), A República dos sonhos (1984), Doce canção de Caetana (1987), Vozes do deserto (2004) e, recentemente, O livro das horas (2012). De ascendencia galega, foi destacada coa Medalla Castelao, o Premio Juan Rulfo, o Premio Internacional Menéndez Pelayo e o Príncipe de Asturias das Letras, entre outros. O encontro deste mércores está organizado pola Cátedra UNESCO de Cultura Luso-Brasileira e o Grupo Galabra, co apoio da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2020.