Os Encontros de Xoves de Lúa Chea tratan este xoves no Campus Terra da USC a propiedade do patrimonio
Os Encontros de Xoves de Lúa Chea, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego celebra este xoves 29 de setembro, a partir das 20.00 horas, un novo coloquio na cafetería da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, onde, baixo o título ‘De quen é o patrimonio?’
O catedrático ad honorem da USC Antonio Rodríguez Colmenero e o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC Manuel Gago Mariño abordarán esta cuestión no marco dun debate que estará guiado pola tamén profesora da USC Ana Cabana Iglesias.