Ir o contido principal

Enfermaría aposta por formación, investigación e innovación para mellorar a prestación e a calidade dos coidados

Asistentes ás XXVI Xorandas da Escola Universitaria de Enfermaría no HULA
Asistentes ás XXVI Xorandas da Escola Universitaria de Enfermaría no HULA
As XXVI Xornadas da Escola Universitaria de Enfermería de Lugo analizan este mércores no HULA a realidade actual e o futuro da profesión, ao tempo que se achegan ás posibilidades de desenvolvemento profesional e académico que ofrecen os ámbitos de especialización en enfermaría familiar e comunitaria, saúde mental ou a docencia
Lugo

Os profesionais da enfermaría apostan pola formación continuada, a investición e a innovación como instrumentos acaídos para avanzar na mellora da prestación de coidados e da súa calidade, segundo se puxo de manifesto nas XXVI Xornadas da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, un foro monográfico que cita este mécores no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) profesionais e asistencias e estudantes universitarios de toda Galicia.

A celebración destas xornadas constitúen unha clara aposta da Escola Universitaria de Enfermaría do Campus de Lugo para que esta profesión continúe a avanzar na súa carreira académica, a través da formación continuada e da progresiva implementación de ferramentas e instrumentos innovadores que repercutan na mellora da prestación dos coidados e tamén na investigación e na ampliación do abano de competencias da enfermaría, segundo sinalou a directora do centro universitario lugués na apertura deste foro, no marco dun acto no que tamén participaron o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga.

O xerente da Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico; a directora de Enfermaría da Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, María Jesús Pérez Taboada, e a presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello, tamén participaron como relatores na sesión inaugural dunha nova edición das xornadas organizadas pola Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo que citaron varios centenares de asistentes no salón de actos do HULA.

O xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, foi o encargado de abrir o programa de relatorios cunha intervención sobre o avellentamento activo e saudable, unha dimensión non demasiado coñecida na contorna máis próxima, pero na que Galicia está considerada como un referente internacional, sinalou.

Dúas mesas redondas abordaron, logo desta intevención inicial, os tres eixos temáticos nos que se estrutura o programa: Formación continuada, investigación e innovación. Así, a profesora María José Ferreira, o director da Área de Xestión do Coñecemento e Talento ACIS, Mario Mosquera Verea, e a directora do centro da UNED en Lugo, Ana Traseira, trataron nos seus respectivos faladoiros cuestións ligadas coa formación continuada, a xestión do coñecemento no Sergas e a formación flexible e adaptada.

A investigación e a innovación centraron outras palestras. O profesor na Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo Mario Alberto Rivas, así como Andrés Blanco Hortas, da Fundación Instituto para a Investiación Sanitaria (IDIS) e Miriam Vázquez Campo, do comité científico CECBE en Galicia, tomaron parte no primeiro coloquio, mentres que a enfermeira e docente no centro universitario lugués moderou de seguido outro debate sobre innovación, que contou cos testemuños do director da Área de Desenvolvemento de Innovación Sanitaria do Sergas, José María Romero Fidalgo, e da responsable do Nodo de Innovación da Área Sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte de Lemos, Pilar Rodríguez Ledo.

O programa de tarde permitiu ao público asitente coñecer diversas experiencias persoais de desenvolvemento académico, a través da voz de tituladas en enfermaría que ampliaron a súa formación en ámbitos de especialización ou mesmo a través dun programa de doutoramento. A xornada rematou cunha sesión moderada polo enfermeiro e docente Isidoro Rodríguez, na que dúas enfermeiras mozas recoñecidas académicamente polos seus traballos de investigación, compartiron as súas pescudas espectxo da morte asistida e da educación afectivo-sexual.

Mª Jesús Pérez, Francisco Fraga, Ramón Ares, Pilar Penela, Lourdes Bermello e Antonio Fernández
Mª Jesús Pérez, Francisco Fraga, Ramón Ares, Pilar Penela, Lourdes Bermello e Antonio Fernández
Asistentes ás XXVI Xorandas da Escola Universitaria de Enfermaría no HULA
Asistentes ás XXVI Xorandas da Escola Universitaria de Enfermaría no HULA
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2023.