Enfermaría explora os nichos de emprego profesionais e as vías de formación de posgrao e investigación na USC nun foro técnico

Estudantes de último curso do grao en Enfermaría no campus de Lugo exploran Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Lugo exploran as posibilidades de inserción laboral e os diferentes nichos de emprego profesionais que ofrece actualmente a sociedade, ao tempo que coñecen as vías e os distintos programas de investigación e formación de posgrao na USC no marco dunhas xornadas técnicas celebradas este xoves.
O profesor Jesús Varela Zapata, adxunto á Vicerreitoría de Coordinación de Lugo para Estudantes, Cultura, Internacionalización e Servizos, e a directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, Asunción Núñez Magdalena, deron a benvida aos participantes neste foro, no que Manuel Gómez López, técnico xurídico da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo abriu a quenda de relatorios cunha exposición sobre a inserción laboral no ámbito público. Este relator informou na súa exposición dos distintos tipos de
contratación do Sergas, así como dos procedementos de solicitude e tamén dos concursos oposición. O funcionamento do expediente profesional electrónico (Fides), a través do que o profesional rexistra os seus datos e méritos e constrúe o seu currículo, foi outra das cuestións tratadas por Gómez López.
As axudas dispoñibles na USC para a formación de posgrado, así como doutros programas (bolsas, doutoramentos, másteres propios…) a prol da investigación existentes noutras institucións públicas e privadas, tanto en España como no estranxeiro, centrou a temática da intervención de Ramón Mazoy, técnico da Área de Xestión e Valorización de I+D+i da USC.
A presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello, afondou neste foro sobre a importancia da colexiación, así como respecto das diferentes especialidades existentes na profesión de enfermería. A xornada chegou a seu remate con dous relatorios relacionados coa enfermaría militar. Modesto García Fernández informou dos requisitos que se necesitan para acceder á Escala de Oficiais do Corpo Militar de Sanidade e tamén tratou as distintas especialidades existentes dentro do corpo da Subdelegación de Defensa. De seguido, o comandante enfermeiro Domingo Antonio Quiroga Santos, pechou a quenda de intervencións cun relatorio sobre a súa experiencia profesional.
Núñez Magdalena e Varela Zapata, na apertura do foro