Ir o contido principal

Enfermaría de Santiago homenaxea aos profesores José M. López e Jesusa Fernández con motivo da súa xubilación

A Escola de Enfermaría de Santiago homenaxeará este xoves 14 aos profesores José Manuel López Paz e Jesusa Fernández González con motivo da súa recente xubilación.
A homenaxe consistirá nun acto académico que vai presidir o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos, no Salón Nobre do Colexio de San Xerome a partir das 13:30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.11.2008.