Ir o contido principal

Entrega de insignias e premios fin de carreira aos novos Enxeñeiros Técnicos Agrícolas

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas entrega este xoves 12 as insignias aos enxeñeiros titulados no pasado curso así como os premios aos mellores proxectos fin de carreira e estudos técnicos. No acto, que comezará ás 12:00 horas no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo da Escola Politécnica Superior de Lugo, participan o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; os presidentes dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas da Coruña e Pontevedra, Enrique Luis de Salvador Sánchez, e de Lugo, Armando Rey Rodríguez; e o director da EPS, Javier Bueno. Logo do acto de apertura o secretario executivo da Mutua Nacional de Ingenieros Técnicos (MUNITEC), Ildefonso López Dorta, pronunciará unha conferencia sobre a Importancia do seguro de responsabilidade civil. Xa ás 13:00 horas será a entrega das insignias e premios da man do secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas da Coruña e Pontevedra, Rafael Muíños Moreno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2011.