Entrega do Premio de investigación da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións
A Catédra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións entregará este mércores 21 o seu premio de investigación á tese da profesora Antonella Palumbo. O traballo defendido na Universitá degli Studi G. d´Annunzio Chieti-Pescara leva por título ‘Peregrinatio ad limina Sancti Jacobi et Sancti Michaelis Achangeli: differenze e analogie nei culti di San Giacomo il Maggiore e San Michele Arcangelo’.
O director da Cátedra, o profesor Domingo Luis González Lopo entregará este galardón nun acto ás 11.30 horas na sede da Cátedra, rúa Carretas 33.
A partir dun convenio entre a USC, a Axencia de Turismo de Galicia e a S.A.M.I. Catedral de Santiago, a Cátedra Camiño de Santiago e das Peregrinacións ten por obxectivo fomentar a investigación, docencia e difusión dos coñecementos do Camiño de Santiago así como difundir os valores asociados coa peregrinación.