Ir o contido principal

Entrega de premios do Concurso de ideas para o deseño da imaxe da campaña 2011-2012 da USC

O Concurso de ideas para o deseño da imaxe da campaña 2011-2012 da USC concluirá este xoves 28 o seu ciclo coa entrega de premios ás gañadoras desta edición, as alumnas do IES de Sar Nerea Vázquez e Judit Rozas. Concretamente, a proposta de Nerea Vázquez Lameiro, titulada ‘Excelencia e calidade’ converterase na imaxe que se utilizará no deseño do material de difusión e promoción de toda a oferta académica da Universidade compostelá para o vindeiro curso, tanto en soporte papel coma en liña. O acto de entrega celebrarase no Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 12:00 horas, nun acto que vai presidir o reitor Juan Casares, e no que tamén estarán presentes os vicerreitores de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán, e de Grao e Posgrao, Eva Castro; a directora da Oficina de Información Universitaria, Mª Isabel Braña; e o coordinador do programa A Ponte, Luis Hervella. O xurado encargado da avaliación das propostas presentas a esta edición do concurso valorou a calidade, o valor artístico e a versatilidade de adaptación de ambas as dúas propostas aos diferentes soportes e formatos que se empregarán na campaña do vindeiro curso académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2011.