Entrega dos premios á excelencia dos estudantes da USC en destinos internacionais
O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, presidirá este luns 12, ás 11.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, o acto de entrega de diplomas dos II Premios á excelencia dos estudantes da USC en destinos internacionais. Na cerimonia, na que tamén participará o vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, entregaranse tamén os recoñecementos á promoción da USC en destinos internacionais.
Os premios á excelencia do estudantado estaba dirixido ao alumnado de grao ou mestrado da USC que tivese participado nunha mobilidade internacional baixo calquera dos programas nos que participe a USC durante o pasado curso. Está previsto un premio en metálico e diploma acreditativo por cada área de coñecemento para o alumnado cunha nota media máis alta acadada dos créditos recollidos no certificado de notas que figuren no seu expediente. Na modalidade de premios á promoción, podían presentarse todos os membros da comunidade universitaria, que tras facer unha mobilidade internacional baixo calquera dos programas de mobilidade nos que participe a USC acreditasen actividades de promoción institucional da USC nas universidades de destino.