Ir o contido principal

Entrega dos premios do II Concurso de Publicidade en Galego 'Comunicándomos'

A Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas acolle este xoves 29, ás 12:00, o acto de entrega dos premios do II Concurso de Publicidade en Galego ‘Comunicándomos’, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística desde mesmo centro.
O acto estará presidido polo vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, acompañado polo decano da facultade, José Díez de Castro, o representante do Servizo de Normalización Lingüística da USC Xusto Rodríguez Río e a secretaria da comisión organizadora, Paula Vázquez Rodríguez. Despois da entrega dos galardóns, Miguel Conde Lobato, presidente executivo da empresa de publicidade B.A.P.&Conde ofrecerá unha conferencia co título ‘A importancia da marca país’.
Miguel Conde Lobato preside a empresa de publicidade con maior facturación da Comunidade Autónoma e cun crecemento anual do 300%. Entre os traballos máis recoñecidos figura a campaña ‘Vivamos como galegos’, para o grupo Gadisa, ‘E logo’ para a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e ‘Islas Canarias, ¿las conoces?’ para a Consellaría de Turismo do Goberno de Canarias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2007.