Ir o contido principal

Entrega de premios e inauguración da exposición do XIII Maratón Fotográfico do Campus de Lugo

O xurado do Maratón Fotográfico do Campus de Lugo emitirá este luns, día 18, o dictame correspondente á 13ª edición desta iniciativa de Lugo Cultural, nunha sesión na que tamén se inaugurará a exposición que amosa os traballos realizados polos participantes.
Ao acto, que terá lugar ás 20:00 horas na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, asistirán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; o vicerreitor de Cultura da USC, Elias Torres; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; a deputada provincial, Fé Rocha; e Enrique Manciñeiras Campos como representante de Caixa Galicia. Tamén estarán presentes a vicedecana de Ordenación Académica de Veterinaria, Ángeles Moreno; e o representante do Grupo Fonmiñá, Eduardo Ochoa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2007.