Entrega de premios do VI concurso estatístico ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa entregará este luns 20 os premios do VI concurso estatístico ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’. A cerimonia terá lugar ás 12.00 horas na Facultade de Matemáticas.
Esta sexta edición gañárona o IES de Beade (Vigo) na categoría de 1º e 2º da ESO, o CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños) nade de 3º e 4º da ESO e o IES de Mugardos en bacharelato e ciclos formativos. Estres tres traballos premiados serán os que representen a Galicia na VI Fase Nacional do certame.
Mencións especiais tiveron o IES Espiñeira de Boiro, o colexio Compañía de María de Cangas e o Colexio Apostol Santiago de Vigo.
Na organización do concurso colaboran a Facultade de Matemáticas da USC, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto Galego de Estatística e a Fundación Barrié.