Ir o contido principal

Entrega dos VII Premios á Innovación Educativa e Mellora da Calidade Docente na USC

O reitor Senén Barro presidirá o vindeiro luns 21 o acto de entrega da sétima edición dos Premios á Innovación Educativa e Mellora da Calidade Docente na USC. A sesión comezará ás 14:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Esta convocatoria ten como finalidade fomentar a innovación educativa no ensino superior para dar pulo aos procesos de mellora do ensino-aprendizaxe nos centros e departamentos da Universidade de Santiago, e contribuír á colaboración institucional na construción do espazo europeo de ensino superior, tendo como referencia os principios fundamentais expresados na Declaración de Bolonia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2009.