Ir o contido principal

Entréganse o luns os diplomas aos bolseiros que colaboraron co Hospital Veterinario Rof Codina en 2008

Durante o acto entregaranse as credenciais ao novos beneficiarios da bolsa de Inserción Laboral Caixanova para o ano 2009

O Hospital Clínico Veterinario Rof Codina fará entrega este luns 22, ás 12:00 horas, dos diplomas aos tres veterinarios que remataron o seu período de beneficiarios da bolsa de Inserción Laboral Caixanova neste centro.
No acto, que se celebrará nas propias instalacións, estarán presentes o persoal do hospital; a súa directora, María Luisa Suárez Rey; e o seu xerente, Luis Felipe de la Cruz Palomino, que estarán acompañados do director do Instituto de Desenvolvemento de Caixanova, Carlos Palleiro Álvarez, e o xefe comarcal da entidade, Jesús Fernández Vidal.
Tamén se darán a coñecer aos tres novos veterinarios que se incorporarán en 2009 ao servizo de urxencias do Hospital Clínico Veterinario Rof Codina, que recibirán ese mesmo día as súas credenciais de bolseiros. Este novo persoal facultativo será contratado para reforzar a atención profesional grazas ao convenio firmado con Caixanova, que se encarga do financiamento destes novos traballadores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2008.