Entréganse os Premios á Introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación na USC
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, preside este martes 29 o acto de entrega da segunda edición dos premios á Introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación na USC. Asiste ademais a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; e a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López. A cerimonia desenvolverase ás 12:00 horas no Salón de Graos da Reitoría coa participación das persoas e grupos premiados nas dúas categorías -docencia e investigación.