Entregáronse na USC as medallas aos gañadores da fase local en Galicia da XXVI Olimpíada Española de Física
A Facultade de Física da USC acolleu a entrega de medallas aos gañadores da fase local en Galicia da XXVI Olimpíada Española de Física. No mesmo acto o profesor Jesús Liñares Beiras pronunciou a conferencia ‘A Luz: Física e Tecnoloxía’, enmarcada dentro do Ano Internacional da Luz. Pola USC os seleccionados na fase local foron, en primeiro lugar, Gabriel Martínez, do Centro Educativo Galén de Lugo; no segundo posto Emilio del Río Pena, do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago; e Alba Covelo Paz, do Colexio compostelán La Salle. Na Universidade da Coruña acadou o primeiro posto Gonzalo Cao Labora, do IES Eusebio da Guarda; o segundo Guillermo López-Silvarrey, do Colexio Santa María del Mar; e no terceiro Pedro Tomé Veira, tamén do IES da Guarda. Francisco Martín García Amoboage, do IES do Castro, acadou o primeiro posto da fase celebrada na Universidade de Vigo, a quen lle seguiu Julio Novoa Fernández, do IES Rosais II. Pablo Carrera Pérez-Cosío, do Colexio Los Sauces, fíxose co terceiro lugar.