Ir o contido principal

Entregouse en Braga o XV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

Juan Casares e Maurits van Rooijen nun momento da xuntanza
Juan Casares e Maurits van Rooijen nun momento da xuntanza
Recibiuno Neelie Kroes, vicepresidenta da Comisión Europea e comisaria de Axenda Dixital

O Grupo Compostela de Universidades concluiu a súa XVII asemblea xeral este sábado na Universidade do Minho (Portugal) coa cerimonia de entrega do galardón que concede conxuntamente co Goberno galego. A premiada nesta edición foi a política holandesa Neelie roes, vicepresidenta da Comisión Europea e comisaria de Axenda Dixital. O acto estivo presidido polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad. O Grupo Compostela e a Xunta de Galicia recoñecen así a traxectoria de Kroes, que conflúe plenamente coa filosofía do premio e do Grupo en si, impulsando a comunicación e a comprensión mutua entre diferentes culturas. Nacida en Holanda, Neelie Kroes conta cunha longa carreira política tanto no seu país de orixe (foi deputada no Parlamento e ministra de Transporte, Transporte Público e Telecomunicacións entre 1982 y 1989), como internacionalmente. Antes de ostentar o cargo de comisaria de Axenda Dixital estivo á fronte da Comisión de Competencia. De Kroes destaca tamén o seu compromiso con fundacións como a Nelson Mandela e o Fondo para a Investigación do Cancro. Concluiu deste xeito a asemblea anual do Grupo, na que se reelexiu a Maurits van Rooijen como presidente dado que foi a única candidatura presentada. Ademais, tratouse o X aniversario del Programa STELLA de intercambio de persoal administrativo e achegáronse novos datos acerca do Programa EDUCA ‘Modernization and Development of Curricula Pedagogy and Educational Management in the Central Asian Countries’, recentemente recomendado para financiamento pola EACEA e que estará centrado na promoción de boas prácticas administrativas en universidades de Kazajistán, Tajikistán e Kirgistán. As sesións de traballo celébranse na reitoría da Universidade do Minho

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2011.