Os enxeñeiros agrónomos celebran este venres en Lugo o seu patrón coa entrega de premios e insignias
Coincidindo coa celebración do patrón dos enxeñeiros agrónomos, este venres 13 desenvolverase o acto de entrega dos premios fin de carreira aos estudantes premiados xunto cos diplomas e insignias a todos os titulados nas convocatorias de Abril de 2010 a febreiro deste ano. O acto comezará ás 18:00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior coa conferencia ‘O enxeñeiro agrónomo na alimentación animal’ a cargo de Arturo Gómez Pérez, nutrólogo de Os Irmandiños, S.C.G. a continuación intervirá o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Víctor Tello Calvo, que falará desa institución. A entrega dos diplomas e insignias terá lugar a partir das 19:00 horas nun acto no que participan o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema; o secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Pedro Calaza Martínez.