Ir o contido principal

A EPS celebra o Día da Terra con dúas conferencias

A Escola Politécnica Superior de Lugo festexa este luns 21 o Día da Terra. Como parte do programa organizado con motivo deste evento, celebraranse no centro dúas conferencias o martes 22 e o mércores 23.
O primeiro dos relatorios estará a cargo de Roxelio P. Moreira, que é profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e de Patrimonio Natural e Paisaxe no IV Ciclo. Na súa intervención, prevista para o martes 22, ás 18:00 horas, falará de “A paisaxe Agro-Ecolóxica’.
Por outra banda, o mércores ás 12:00 e baixo o título ‘As Unidades de Xestión Forestal (UXFOR)’, falarán no Salón de Actos da EPS Xosé Antonio Meijide e Xabier Bruña, da Dirección Xeral de Montes da Consellaría de Medio Rural.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.04.2008.