A EPS de Enxeñaría cita a alumnos e profesionais nun foro técnico de Aeipro sobre novos enfoques na dirección de proxectos

Unha xornada técnica sobre novos enfoques na dirección de proxectos promovida pola Asociación Española de Dirección e Enxeñaría de Proxectos (Aeipro ) en colaboración coa área de Proxectos de Enxeñaría da USC congregou na EPS de Enxeñaría do campus de Lugo da USC a estudantes e profesionais da área de Project Management.
A vicerreitora de coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o coordinador do Máster Oficial en Dirección de Proxectos da USC, Carlos Amiama Ares, abriron esta xornada formativa nun breve acto de benvida a todos os participantes, así como aos relatores convidados.
A quenda de relatorios comezou cunha intervención d presidente de International Project Management Association (IPMA), Jesús Martínez Almela, quen tratou na súa exposición a progresiva proxectización da sociedade. De seguido, o director internacional e de desenvolvemento de negocio de ICEACSA, Carlos Martínez Bustelo, ofreceu un relatorio baixo o título ‘A xestión de proxectos como ferramenta no proceso de internacionalización de ICEACSA Consultores’. O xefe de área de Planificación Portuaria da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Guillermo Maciñeira, pechou a quenda de intervencións nesta xornada co relatorio ‘Organización e xestión dun gran proxecto de obra pública. O porto exterior da Coruña’.
Participantes na sesión formativa