Ir o contido principal

A EPS de Enxeñaría exhibe un dos primeiros GPS de dobre frecuencia que entraron en servizo na provincia de Lugo

Pardiñas e Romero amosan o GPS Lecia de dobre frecuencia exposto na EPS de Enxeñaría
Pardiñas e Romero amosan o GPS Lecia de dobre frecuencia exposto na EPS de Enxeñaría
José Antonio Pardiñas cede ao centro universitario lugués o instrumental tecnolóxico que posibilitou a investigadores da USC realizar as primeiras medicións topográficas de alta precisión na provincia de Lugo a finais do pasado século XX
Lugo

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC amosa súas instalacións un GPS Leica de dobre frecuencia, un dos primeiros dispositivos tecnolóxicos que posibilitaron que os investigadores da sede universitaria luguesa puideran  realizar de medicións topográficas de alta precisión a finais do século XX.

A doazón deste instrumental científico, outrora de vangarda, por parte do profesor xa xubilado José Antonio Pardiñas, permite á EPS de Enxeñaría rememorar os seus primeiros pasos no ámbito da Topografía, segundo sinalou este martes a directora da EPSE, Rosa Romero, tras recibir uns “equipos operativos, aínda que xa obsoletos”, que manteñen viva “a pegada e memora de Pardiñas nun centro no que exerceu como docente durante as última tres décadas”.

O profesorado da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría aproveitou a entrega deste material ao centro para tributar un particular homenaxe ao profesor Pardiñas no marco un acto sinxelo, no que tamén se puxo de manifesto o feito de que a disposición deste equipamento tecnolóxico permite ao alumnado actual e futuro coñecer de primeira man como evolucionou a investigación neste ámbito.

GPS Lecia de dobre frecuencia mercado na década dos anos 90
GPS Lecia de dobre frecuencia mercado na década dos anos 90
Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2023.