Ir o contido principal

O equipo de atletismo da USC, clasificado para o galego de campo a Través Escolar deste sábado

A maior parte dos 21 atletas da Universidade de Santiago que participaron Campionato Provincial de campo a Través Escolar conseguiron clasificarse para o galego que se disputará o día 25 en Vigo. Nese certame deportivo Claudia Fernández Couto Álvarez resultou campioa provincial na categoría alevín feminino, Martín Darriba Crespo subcampión alevín e Lucía Suárez Crespo subcampioa infantil.

O equipo da categoría infantil masculino formado por Xabier Fernández García, Leo Cendán Malingret, Diego Mariño Noya, Pablo Saa López e Gabriel Alfonsín Espín acadou o subcampionato provincial por equipos. Póla súa banda, o infantil femenino de Lucía Suárez Crespo, Paula Fernández Couto Álvarez, Ana Carreira Casais, Alba López Portabales, Ana Veiga Vázquez e Ana Cortizo Cabada acadou o terceiro posto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2012.