Ir o contido principal

O equipo Data Diggers representará a USC na fase final do concurso informático Datathon UniversityHack 2024

Xiana Carrera Alonso, esquerda, Pablo Díaz Viñambres e Pablo Landrove Pérez-Gorgoroso. FOTO: Santi Alvite
Xiana Carrera Alonso, esquerda, Pablo Díaz Viñambres e Pablo Landrove Pérez-Gorgoroso. FOTO: Santi Alvite
Xiana Carrera Alonso, Pablo Díaz Viñambres e Pablo Landrove Pérez-Gorgoroso competirán para lograr que o seu traballo sexa seleccionado para a final do certame

Xiana Carrera Alonso, Pablo Díaz Viñambres e Pablo Landrove Pérez-Gorgoroso, integrantes do equipo Data Diggers e estudantes do dobre grao en Enxeñaría Informática e Matemáticas, constitúen o equipo gañador da fase local da USC no marco do Datathon UniversityHack 2024, un evento dirixido especificamente ao estudantado dos mellores centros de España en ciencia de datos.

O equipo Data Diggers impúxose aos restantes 23 participantes da institución compostelá (2 mulleres e 21 homes), que participa no certame xunto a outras universidades españolas.  En total, nesta edición na USC participou estudantado de cinco titulacións: dobre grao en Enxeñaría Informática e Matemáticas (8 persoas), grao en Enxeñaría Informática (11 persoas), grao en Intelixencia Artificial (2 persoas), grao en Matemáticas (3 persoas) e mestrado en Intelixencia Artificial (2 persoas).

O estudantado vencedor pasa agora á fase estatal do certame. Ata o 21 de novembro, o equipo seleccionado poderá mellorar o seu traballo sobre o mesmo conxunto de datos e co mesmo obxectivo. Unha vez rematada a segunda fase, terá lugar a selección de mellores traballos. O xoves 5 de decembro a organización comunicará os catro traballos seleccionados, que pasarán a defender os seus proxectos nun evento do DOMO da Universidade Politécnica de Madrid, tras o cal se anunciará a decisión do xurado e terá lugar a entrega de premios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.11.2024.