Ir o contido principal

O equipo feminino de voleibol da USC chegou a cuartos de final do Campionato de España Universitario

O conxunto feminino de voleibol da USC que participou no Campionato de España Universitario en Cuenca
O conxunto feminino de voleibol da USC que participou no Campionato de España Universitario en Cuenca
A competición desenvolveuse en Cuenca, onde as xogadoras quedaron de segundas do grupo D na fase de grupos pero non lograron acadar as semifinais

O equipo feminino de voleibol da Universidade de Santiago acadou os cuartos de final do Campionato de España Universitario que se desenvolveu en Cuenca desde este luns. As xogadoras da USC comezaron a súa andaina na competición cunha vitoria ante o conxunto da Universidade de Estremadura por 0-2; no partido contra a UCAM de Murcia o resultado foi o contrario, polo que obtiveron o segundo posto do seu grupo, o D, logo de que UCAM tamén vencera 2-0 o equipo.

En cuartos de final o equipo da Universidade de Alacante superou o da compostelá por 3-1, sendo os resultados parciais: 25-13, 21-25, 25-20 e 25-22.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2024.