O equipo da USC, campión de España Universitario de Vela
A tripulación do veleiro co que a USC competía esta semana no Campionato de España Universitario de Vela celebrado en augas de Vilagarcía de Arousa acaba de proclamarse campioa de España, logo de vencer na fase final disputada este venres 19.
Cecilia Cordonié Amenedo, Julia Núñez Ferreño, César Herrero Bastino e Roberto Bermúdez de Castro Rey conforman o equipo vencedor desta competición á que acudiron un total de 14 equipos de toda España. O Campionato disputouse nunha soa categoría e as sucesivas mangas organizáronse en grupos ordenados en funcións dos dos tempos obtidos. A tripulación da USC disputou a final este venres no grupo Ouro xunto coas outras cinco embarcacións finalistas.
Outras competicións
Neste últimos días tamén se disputaron outros dous campionatos de España Universitarios, concretamente o de Fútbol Sala Feminino e o de Carreira de Montaña. Neste último, a USC estivo representada por Hugo García que conseguiu a décima posición, mentres que o equipo de fútbol sala chegou ata cuartos de final na competición celebrada en Albacete.