O equipo da USC faise coa medalla de bronce do XXIX Torneo Nacional Universitario de Fútbol Sala do PAS

Un equipo integrado por unha selección de xogadores da Liga de Fútbol Sala PAS do Campus de Santiago acaba de subir ao terceiro chanzo do podio do XXIX Torneo Nacional Universitario de Fútbol Sala do PAS, disputado en Pontevedra. A medalla de bronce para os futbolistas da USC unicamente foi superada polas universidades de Cádiz (ouro) e Vigo (prata) de entre un total de dez equipos que se citaron neste torneo. O resto de equipos que concorreron á competición procedían das universidades de Almería, Oviedo, Alacante, Murcia, Granada, A Laguna e Baleares.