Ir o contido principal

A Escola de Doutoramento Internacional organiza un seminario sobre o sistema operativo libre GNU/Linux

O estudantado de doutoramento é o destinatario do curso ‘Libera o teu ordenador’, un seminario para a instalación do sistema operativo libre GNU/Linux que promove a Escola de Doutoramento Internacional e que impartirá o coordinador da Oficina de Software Libre Rafael Rodríguez Gayoso entre os días 18 e 20 na Aula 1 de Información da Facultade de Dereito. As tres sesións presenciais previstas, orientadas dun xeito dinámico e divertido, darán a coñecer as vantaxes que ofrece o software libre e axudarán a comprender a filosofía que impulsa a liberación do coñecemento asociados ao software. Ademais de axudar a diferenciar a terminoloxía asociada ao movemento ‘free software’, as persoas que se inscriban poderán levar os seus equipos persoais e realizar a instalacións e configuración de programas libres. A matrícula é precisa realizada na secretaría virtual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2014.