Ir o contido principal

A Escola de Negocios Uniemprende organiza un curso de finanzas para non financeiros

A Escola de Negocios Uniemprende (ENU), responsable da formación do Programa de Creación de Empresas da USC, organiza a comezos de outubro un curso de finanzas para non financeiros.
A presenza constante de termos financeiros no día a día da empresa fai que coñecer, comprender e dominar esa terminoloxía resulte de enorme interese para calquera persoa que aspire a desenvolverse profesionalmente no eido empresarial.
Dirixido principalmente a xentes de empresa, membros da comunidade universitaria e emprendedores, o curso desenvolverase de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas os días 1 e 2 de outubro na Aula de Formación do Edificio Cactus (Campus Sur).
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 25 de setembro. Para máis información, os interesados poden chamar á extensión 16258.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.09.2008.