Ir o contido principal

A Escola de Óptica e Optometría celebra este sábado o seu acto de diplomatura

A Escola de Óptica e Optometría da USC celebra este sábado, día 5, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o seu acto de diplomatura, que estará presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Plo.
No acto, que dará comezo ás 17:00 horas, intervirán o padriño da promoción, o profesor Ángel Mª Segade; a directora da Escola, Eva Yebra-Pimentel; o presidente da Delegación Rexional do Colexio Nacional de Ópticos e Optometristas, Enrique Valcárcel; e os alumnos Ángel Sánchez García e Dª Laura Cruz Barreiro en representación dos seus compañeiros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2007.