A Escola Politécnica e o Grupo Vilares poñen en marcha a segunda edición do curso de Experto en Construción Sostible

O vicerreitor de Infraestruturas, Xan Carlos Carreira, presentou este xoves a que será a segunda edición do curso de Experto en Construcción Sostible, organizado pola USC en colaboración co Grupo Vilares. Este curso está organizado polo profesor do Campus lugués Manuel Luis Torres Labandeira e impartirase na Escola Politécnica.
Na presentación do curso estivo tamén o director xeral do grupo, Carlos Vilares Pérez; o director da Escola Politécnica, Javier Bueno, e o director do curso. Durante a súa intervención lembraron que o obxectivo principal desta iniciativa é a formación e aprendizaxe, no marco das políticas e normativas europeas, estatais e autonómicas, da aplicación dos criterios de sostibilidade nas edificacións dende o punto de vista do deseño, construcción e viabilidade económica.
Neste curso pretendese responder á crecente demanda de profesionais do sector da construcción que desexan ampliar os seus coñecementos, para aportalos nos seus proxectos baixo os novos criterios de sostibilidade na construción. De feito, trataranse no mesmo aspectos relacionados coa calidade constructiva en consonancia coas normas fundamentais de habitabilidades, co compromiso do sector no respecto ao medio ambiente e contemplación de novas medidas de aforro enerxético, así como a intencionalidade de formar e consolidar unha nova figura profesional e polo tanto saída laboral como complemento as actuais titulacións académicas.
Entre as intencións do curso está poñer en relevo o feito de que na construcción dunha vivenda sostible trátanse de aglutinar moitos intereses, dende a saúde humana, pasando por consideracións ambientais, ata condicionantes económicos, buscando sempre o valor sostible.
Este curso está orientado a estudantes e titulados universitarios de primeiro e segundo ciclo de carreiras técnicas, profesionais en activo no sector da construcción e técnicos das administracións públicas. As titulados obxectivo son arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros de Camiños, Industriais, Agrónomos e de Montes, enxeñeiros técnicos agrícolas, forestais, topógrafos, Obras Públicas e Industriais, licenciados en Ciencias Ambientais, biólogos, xeógrafos, químicos e técnicos en dirección de empresas.
O prazo de preinscrición está aberto ata o 1 de setembro, cando terá que facerse efectiva a matrícula. O curso, cunha duración de cen horas semipresenciais, comezará o 24 de outubro e prolongarase ate o 28 de febreiro. Haberá un máximo de 35 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.
Durante a presentación, o vicerreitor de Infraestruturas, Xan Carlos Carreira, e o director do grupo, Carlos Vilares, firmaron o convenio de colaboración entre as dúas entidades que permite o financiamento desta acción formativa, que xa está na segunda edición e que tipo unha importante acollida no sector.