Ir o contido principal

A Escola Politécnica pecha este venres o ciclo sobre o sector forestal cun foro de debate sobre a industria do sector

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
Alejandro Oliveros, Ana Oróns e Jesús Sánchez Rocha intervirán, a partir das 12.00 horas, como relatores nunha sesión moderada pola profesor Pablo Vila Lameiro

Un foro de debate sobre a industria forestal pecha este venres, a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, o ciclo de conferencias sobre temática forestal promovido polo profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC na Pablo Vila Lameiro co gallo da celebración dos 25 anos da implantación desta titulación de Enxeñaría Técnica Forestal en Galicia.

O director de Ordenación Forestal, Enerxía e Celulosa do Grupo Ence, Alejandro Oliveros García, abrirá a quenda de intervencións programadas nesta sesión, que estará moderada por Pablo Vila Lameiro e na que tamén participarán como relatores Ana Oróns Mata, secretaria de Confemadera Hábitat Galicia, e o enxeñeiro de Montes Jesús Sánchez Rocha.

Este coloquio servirá de colofón do ciclo de conferencias sobre o sector forestal desenvolvido ao longo do último mes na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC e no marco do que distintos relatores trataron asuntos relativos a sanidade vexetal, paisaxismo, ordenación do territorio e industria forestal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2017.