Ir o contido principal

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo acolle este luns un seminario de doutores

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo acolle este luns, día 7, un Seminario de Doutores e un relatorio sostenibilidade impartidos por profesores das universidades de Navarra e Dublín, respectivamente.
O Seminario de Doutores, organizado polo Departamento de Enxeñaría Agroforestal dentro das actividades do seu programa de doutoramento, terá lugar ás 10:00 horas na Sala de Xuntas do centro. Será impartido polo profesor do Departamento de Proxectos e Enxeñaría Rural da Universidade Pública de Navarra, Javier Casalí Sarasibar, quen falará sobre a erosión do solo e a calidade das augas nas zonas agrarias de Navarra.
Posteriormente, no mesmo lugar, ás 12:00 horas, celebrarase o relatorio do profesor E.P. Farrel da Escola de Bioloxía e Ciencias do medio Ambiente da University College Dublin, titulado ‘A sostenibilidade das plantacións forestais’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2007.