A Escola Politécnica Superior inaugura o ciclo de conferencias do Seminario de Doutores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal
O Seminario de Doutores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal para o curso 2006-2007 celebrará este venres, día 16 a súa conferencia inaugural coa intervención do investigador do Departamento de Mecanización e Tecnoloxía Agraria da Universidade Politécnica de Valencia, Carlos Gracia López. A conferencia desenvolveranse na Sala de Xuntas da EPS, a partir das 11:00 horas baixo o título ‘Maquinaria para a asistencia á recolección de produtos hortícolas’ o doutor Gracia López referirase ademais ao seu traballo na Universidade Valenciana