Ir o contido principal

A Escola Politécnica Superior de Lugo celebra o acto de fin de carreira dos novos enxeñeiros técnicos forestais

O reitor da USC, Juan Casares, presidirá a cerimonia de graduación dos alumnos e alumnas desta vixésima promoción

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo celebra o sábado 9 o acto de graduación da vixésima promoción de Enxeñería Técnica Forestal. A cerimonia terá lugar a partir das 17.00 horas no Salón de Actos do centro, e está aberta a todos os membros da Escola Politécnica Superior que desexen asistir. O acto estará presidido polo reitor da USC, Juan Casares, ao que acompañarán o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno; o edil de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Francisco Xosé Fraga; Álvaro Santos Ramos, en representación da Deputación Provincial de Lugo; e o padriño da promoción, o profesor da EPS Fernando Rengifo Méndez-Núñez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2012.