Ir o contido principal

A Escola Politécnica Superior presenta o novo Máster en Enxeñería de Montes, que impartirá o vindeiro curso

O director da EPS, Javier Bueno, xunto cos coordinadores do novo máster en Enxeñería de Montes que ofertará o centro universitario lugués o vindeiro curso
O director da EPS, Javier Bueno, xunto cos coordinadores do novo máster en Enxeñería de Montes que ofertará o centro universitario lugués o vindeiro curso
O novo posgrao oficial está estruturado en 90 créditos ECTS e os seus contidos formativos concéntranse en catro especialidades

O director da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, xunto co coordinador do novo Máster en Enxeñería de Montes, o profesor Ignacio Díaz-Maroto Hidalgo, presentaron o novo posgrao que incrementará o próximo curso a oferta de estudos no centro universitario lugués.

O novo máster en Enxeñería de Montes constitúe un novo pulo para a EPS, que adapta así a súa oferta formativa ós temos actuais, segundo puxo de manifesto o coordinador do máster, o profesor Díaz-Maroto, quen tamén destacou que a posta en marcha deste novo programa formativo permite á EPS enfrontarse a novos retos. O programa académico do máster en Enxeñería de Montes está estruturado en 90 créditos ECTS, cuxa docencia se impartirá ao longo de catro cuadrimestres, dos que o último estará reservado para a elaboración do traballo de fin de máster, ademais de para outras actividades de carácter máis práctico que teórico.

Este máster en Enxeñería de Montes da EPS, unha titulación pioneira no Sistema Universitario Galego, está subdividido en catro especialidades, que están coordinadas polos profesores Elvira Díaz Vizcaíno, Roque Rodríguez Soalleiro e Juan Gabriel Álvarez, profesores da EPS todos eles, que tamén participaron na presentación desta nova titulación universitaria que se ofrecerá o vindeiro curso no campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.03.2013.