A Escola de Práctica Xurídica da USC continúa este xoves co ciclo de conferencias sobre incentivos, riscos laborais e propiedade industrial na empresa
A Escola de Práctica Xurídica da USC e a Consellaría de Traballo están a organizar o ciclo ‘A empresa: incentivos, riscos laborais e propiedade industrial’ que comezou a pasada semana e que continúa este xoves, día 3, con dúas conferencias no Colexio de Avogados de Santiago.
O primeiro en intervir será, ás 18:00 horas, o catedrático de Dereito Mercantil da Complutense, Carlos Lema, co relatorio ‘As creacións técnicas e os signos distintivos. A súa regulación no dereito europeo e no dereito español’. Completando esta segunda sesión, a directora xeral da Asociación para a Defensa da Marca (ANDEMA), Soledad Rodríguez Antón, tratará a continuación a importancia e o valor dos dereitos de propiedade industrial como principal activo empresarial.