A Escola Universitaria de Traballo Social conmemora o seu cincuenta aniversario
A Escola Universitaria de Traballo Social, centro adscrito á Universidade de Santiago dende 1983, conmemora este mércores, día 7, o seu cincuenta aniversario nun acto que estará presidido polo reitor compostelán, Senén Barro Ameneiro.
Á conmemoración, que terá lugar ás 18:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, asistirán ademais a directora da propia Escola, Teresa Facal Fondo, e o presidente da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociais, Vicente Arias Mosquera.
A EscolaA Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela ten as súas orixes na Escola de Asistentes Sociais fundada en 1957 polo padre Francisco Gómez Fernández. A súa personalidade xurídica foi ostentada pola Escola de Ensinanza Social de Galicia ata 1999, cando pasa a depender da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales.
Como todos os centros privados non subvencionados, réxese por un réxime económico particular e independente dos prezos e taxas da Universidade á que está adscrita. Ao finalizar os estudos, de tres anos de duración, obtense o título de Diplomado en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela.