O Espazo de Danza Universitario da USC participa este mércores no 'Fiteu en Danza'
O Espazo de Danza Universitario da USC que dirixe Juan Carlos Zahera participa este mércores 29, Día Internacional da Danza, no Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña (Fiteu) ‘En Danza’.
Actúan ás 21:00 horas no Forum Metropolitano da Coruña coa peza ‘O movemento dos soños’, unha visión coreografiada do legado do ex reitor da USC Alejandro Rodríguez Cadarso na conmemoración no 75 aniversario do seu pasamento.
É esta a primeira vez que o Fiteu lle dedica un espazo á danza no que, ademais da compañía da USC, está convidada a Universidade de Cádiz.