O Espazo de Danza da USC estrea a súa última produción na Universidade París XIII
O Espazo de Danza da USC que dirixe Juan Carlos Zahera atópase en Francia para presentar na Universidade París XIII a súa última produción, ‘Os movementos do soño’. Son nove os bailaríns que este mércores 1 de abril subirán ao escenario do Festival Universitario de Danza Contemporánea ‘L’estudances’ para representar unha visión coreografiada da vida do que fora reitor da USC Rodríguez Cadarso, ensalzando co movemento dos seus corpos a súa faceta investigadora no campo da anatomía e a de impulsor da residencia de estudantes compostelá.
A obra ‘Os movementos do soño’ colleu o título da peza que o grupo Abe Rábade lle dedicou ao ex reitor no ano 2008 en que a USC conmemoraba o 75 aniversario do seu pasamento, mesturando a música deste trío de jazz coa de Canco López e Moreno Veloso.
Canteira de valoresA danza universitaria galega, e especialmente a da USC dada a súa longa experiencia, goza hoxe dun certo recoñecemento máis aló dos muros das institucións que as acollen. De feito, está a ser canteira de grandes valores que logo trunfan nos escenarios. Proba dese renome é que nos vindeiros días o Espazo de Danza da USC está convidado pola Universidade París VII a participar no seu Festival de Danza Contemporánea.