Ir o contido principal

O Espazo de Danza da USC intervén no desfile do deseñador Gonzalo Vázquez

A vindeira semana o Espazo abre a matrícula nos seus cursos

O Espazo de Danza da Universidade de Santiago participará activamente, como vén sendo habitual, nos desfiles de presentación da última colección de moda do deseñador galego Gonzalo Vázquez que terán lugar en Porto (Portugal) e Santiago. Este sábado 15 viaxarán á cidade portuguesa para interpretar as súas pezas no desfile do local Maus Hábitos e xa o martes 18 en Santiago farán o mesmo ás 21.00 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. Matrícula Precisamente o Espazo de Danza da USC abre a próxima semana o prazo de matrícula nos cursos a desenvolver durante o presente ano académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2012.