Ir o contido principal

O Espazo de Danza da USC intervén na presentación da nova colección do deseñador Gonzalo Vázquez

O Espazo de Danza da Universidade de Santiago participará activamente, como vén sendo habitual, no desfile de presentación da última colección de moda –‘Drama’- do deseñador galego Gonzalo Vázquez que terá lugar en Compostela. Os bailaríns e bailarinas da USC actuarán o venres 10 ás 21.00 horas na Casa de Europa (Parque Vista Alegre).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2013.