Ir o contido principal

Especialistas internacionais achegarán as súas particulares análises sobre a I Guerra Mundial

Especialistas internacionais achegarán as súas particulares análises sobre a I Guerra Mundial
Especialistas internacionais achegarán as súas particulares análises sobre a I Guerra Mundial
A USC colabora no desenvolvemento do ciclo ‘100 anos da guerra que cambiou a sociedade’, que dirixe Lourenzo Fernández Prieto

“Hai cen anos, os nosos avós e avoas coñeceron unha guerra que cambiou o seu mundo e o noso”, asegura o catedrático Lourenzo Fernández Prieto en alusión á I Guerra Mundial, da que agora a USC en colaboración coa Fundación Barrié darán conta no ciclo de conferencia ‘100 anos da guerra que cambiou a sociedade’. Especialistas internacionais achegarán a súa mirada sobre a primeira gran conflagración que sacudiu a Europa do século XX dende as súas respectivas áreas de coñecemento: historia, cine, socioloxía ou literatura. Este ciclo que dirixe o catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández estrearase o vindeiro 8 de outubro no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) coa disertación da profesora de Historia da Universidade de Londres Joanna Bourke titulada ‘O rostro do descoñecido: a violencia e a I Guerra Mundial’. A seguinte cita do ciclo será o día 15, cando o profesor da Universidade Paul-Val’ery Montpellier III Fréderick Rousseau, pronunciará a lección titulada ‘É suficiente con ser patriota para ir á guerra? Repensar as mobilizacións de 1914 dende as ciencias sociais’. As seguintes dúas intervencións do ciclo celebraranse na sede da Fundación Barrié na Coruña, da man de Ángel Luís Hueso Montón que proporá unha reflexión sobre a capacidade do cinema como testemuña e intérprete do acontecido hai cen anos e de Eduardo González Calleja que aludirá á guerra encuberta das potencias belixerante en España. De xeito complementario celebraranse tres proxeccións de documentación da BBC coa primeira gran guerra como fío argumental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2014.